Obradoiro de cociña saudable na sede Afundación en Vigo.
Este foi impartido por Carol M., nutricionista, osteópata e terapeuta.
Neste taller preparáronse petiscos saudables doados de facer e acccesibles para todo tipo de público.
Con este evento Adicam pretendeu dar a coñecer a súa actividade en Vigo e así poder chegar a novas persoas que precisen apoio en procesos oncolóxicos así como promover as actividades na cidade veciña.