Acompañamento social, emocional e actividades para o benestar das persoas con cancro
En ADICAM poñemos en marcha unha nova edición do programa “Por vós vale a pena 5.0”, unha iniciativa dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas con cancro de mama e xinecolóxico que se encontren nunha situación de vulnerabilidade Grazas ao apoio institucional, podemos ofrecer espazos de apoio, aprendizaxe e coidado integral.
🤝 Acompañamento social e psicolóxico
O programa ofrece apoio personalizado, tanto social como emocional, para acompañar ás persoas durante o proceso oncolóxico que se encontren en situación de vulnerabilidade. O noso equipo profesional traballa para reducir a sensación de soidade, facilitar recursos e mellorar o benestar diario.
🧠 Obradoiro “Malditos Despistes”
Un espazo práctico pensado para tratar as dificultades de memoria, concentración e organización que poden xurdir durante ou despois dos tratamentos. A través de dinámicas sinxelas e útiles, axudamos a fortalecer a mente e recuperar seguridade.
✋ Programa de autoexploración
Unha iniciativa de sensibilización destinada a fomentar hábitos saudables de detección precoz, coñecemento corporal e autocuidado,
💪 Gimnasia para pacientes oncolóxicos
Actividade física adaptada que axuda a mellorar a mobilidade, reducir efectos secundarios, aumentar a enerxía e favorecer unha recuperación máis completa e amable co corpo.
Todas estas actividades están destinadas a mulleres que están pasando ou pasaran por un cancro e se encontren en situación de vulnerabilidade.