ADICAM e Concello de Moaña renovan o seu compromiso en 2025
Estamos moi orgullosas de anunciar a sinatura do Convenio de colaboración entre o Concello de Moaña e ADICAM para o ano 2025. Este acordo reforza a nosa misión de apoiar ás persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, así como de promover actividades de prevención, información e acompañamento.
Grazas a este convenio, poderemos seguir desenvolvendo programas e iniciativas que melloren a calidade de vida das nosas socias e da comunidade, fomentando a sensibilización e a loita contra o cancro.
Desde ADICAM queremos agradecer ao Concello de Moaña pola súa implicación e apoio constante.