Estamos moi ilusionadas de poder ofrecervos a nosa primeira actividade grupal que desenvolveremos no Concello de Moaña, na nosa recente estreada sede na _Rúa Ramón Cabanillas Nº53, Baixo A. Todos os xoves de Maio en horario de 10.30 a 12.30.Convidámosvos o noso primeiro taller en Moaña sobre o tema da afectividade na vida cotiá: Aprendendo a querer(nos). Onde examinaremos como aprendemos a crear os vínculos e como podemos mellorar as nosas relacións afectivas.O taller desenvolverase de xeito presencial respectando todas as medidas de seguridade e cumprindo coas restriccións actuais. É necesario inscrición previa a través do Whats App ou chamando os números 986307158 / 629945925
Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo ao 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades (ano 2025).
En ADICAM seguimos avanzando para acompañar, apoiar e fortalecer a quen máis o necesita. O Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política