Dende ADICAM estamos moi contentos de anunciar o novo obradoiro de Habilidades Sociais coa finalidade de mellorar a nosa forma de relacionarnos. Esta actividade terá lugar os días 11, 13 e 14 de Maio na Oficina Municipal do Casco Vello de Vigo de 17.30 a 19.30 (Rúa Oliva 12, Vigo). O Obradoiro precisa de inscrición previa no 629 94 59 25 ou no 986 30 71 58 . Debido a situación sanitaria, o aforo é reducido e ADICAM priorizará as plazas segundo as necesidades!
Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo ao 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades (ano 2025).
En ADICAM seguimos avanzando para acompañar, apoiar e fortalecer a quen máis o necesita. O Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política