Colabora

¿Queres colaborar con nos?

¿Que é ADICAM?

ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 1578 socios e socias no ano 2020. ADICAM está formado por unha amalgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa. Centrándonos de novo no labor da asociación e remontándonos os inicios, ADICAM nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que as mulleres teñan unha mellor calidade de vida e benestar.

Na actualidade para poder levar a cabo todas as nosas actividades e o traballo da asociación contamos cun amplío equipo de profesionais (ver organigrama).

Por tanto, podemos dicir de ADICAM que é unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios ós realizados polas institucións públicas.

Entre os servizos que se ofrecen pola asociación atopamos: apoio emocional, atención psicolóxica e social, información e asesoramento, charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición…), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama, cursos de relaxación e prevención do linfedema e a organización de actividades lúdicas e de lecer.

Fina Acuña

Fina nace en Cangas o 26 de setembro de 1968; a nivel laboral traballou no eido da hostalería, para posteriormente comezar có seu propio comercio. 

No ano 2000 e xa diagnosticada de cancro de mama, róndalle na cabeza a idea de comezar cun proxecto asociativo froito da súa propia experiencia vital,  para dar resposta as necesidades presentadas polas mulleres afectadas de este tipo de patoloxía;  é así como xorden diferentes reunión na casa da Cultura para  dar a coñecer as súas ideas e incentivar, tanto a profesionais do área sanitaria como a poboación en xeral, o seu ilusionante proxecto. 

É así como o 21 de xaneiro do 2001 comeza a súa andadura o seu proxecto chamado ADICAM

Segundo ela mesma dicía: se me ocorreu crear unha asociación para dar luz a todo o negro, para dar truquiños para mellorar a calidade de vida, para axudar e quitar o tabú que había naquel momento”. 

A nivel persoal, Fina tivo dous fillos: Adrian e Manuel; ela falaba de ADICAM coma un fillo máis, ela foi o referente e estivo a fronte da asociación e da presidencia o longo de 15 anos. 

En palabras das que a coñecían, a definían como unha muller, afable, afectuosa, humilde e optimista, sempre loitadora e cun sorriso incansable; ela foi capaz de movilizar a diferentes persoas da comunidade para crear ADICAM, o seu traballo xa forma parte da Historia de Cangas. 

Últimas novas

IV Certame de Arte ADICAM

Xa comezou o prazo para a recepción de traballos para a participación do IV Certame de Arte “ADICAM” este coa temática “Muller universal”. O prazo

Ler Mais >>

Deja una respuesta