Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Autocoñecemento para o cambio

Actividades » Autocoñecemento para o cambio

18-02-2015 16:50

AUTOCOÑECEMENTO PARA O CAMBIO

 Tareixa Ledo Regal (formada en terapia do reencontro)

  Noelia García, Licenciada en Pedagoxía e Educación Social  (Persoa  de apoio))

Un tempo para parar. Un tempo para escoitarme.Para estar no meu corpo e sentirme ben na miña pel.Un espazo para ver que non me gusta da miña vida e adquirir ferramentas de transformación.Un espazo para aprender a vivir desde o bo trato,e re-conectada coa miña enerxía vital.Dona da miña vida. Feliz e en paz coa miña vida.

TRABALLARASE

üAutopercepción corporal Integración corporal

üRespiracións Relaxacións Saúde integral

üEspazo persoal Sexualidade para o pracer

üO corpo da dignidade Coidar e deixarse coidar

üFamilia afectiva Relacións de bo trato.

Prazas Limitadas

IMPORTE DA MATRÍCULA: 18€ (Curso Completo)

 MATRICULA:    SEDE ADICAM (CASA DA DA BOLA, VALENTIN LOSADA Nº1 1º)

INFORMACIÓN  TLF :  986307158

DIPLOMA DE PARTICIPACIÓN POR PARTE DE INTERED 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012