Boletín de Noticias

¿Que é ADICAM?

 

¿Que é ADICAM?


ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2000; nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.

 

¿Quen a formamos?


Mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais.

 

Principios

 

É unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.

 

 

Obxetivos

 

  • Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias.
  • Favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade.
  • Promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas.
  • Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal.   
  • Ofrecer información á poboación en xeral sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz.

     

 

Servizos

 

  • Apoio emocional, atención psicolóxica e social. 
  • Información e asesoramiento. 
  • Charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición... ), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama. 
  • Cursos de relaxación e prevención do linfedema. 
  • Actividades lúdicas e de lecer.  

 

 

 Áreas de traballo

 

      1. Área de información e sensibilización

 

  • Informar ás mulleres afectadas de tumor mamario de todo o referente á súa enfermidade (tratamento, prótesis, alopecia, linfedema de brazo...)
  • Contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres, a través da información sobre aspectos sanitarios.
  • Potenciar a participación das mulleres en ámbitos relacionados coa saúde da muller.
  • Dar difusión do labor da asociación, os seus obxetivos, programas, servizos...
  • Informar ás socias das actividades que leva a cabo a asociación.



        Accións - actividades

  • Charlas preventivas, informativas e de educación para a saúde.
  • Xornadas divulgativas sobre o cancro de mama e difusión de material didáctico.
  • Reunión, coordinación e colaboraicón con outros organismos.

 

 

      2. Área asistencial

 

  • Ofrecer apoio psicosocial ás mulleres afectadas de cancro de mama e ás súas familias.
  • Facilitar a comunicación e o apoio mutuo entre tódolos afectados de cancro de mama coa finalidade de aunar esforzos ante o impacto da enfermidade. 
  • Contribuír ao aumento das expectativas de vida das persoas doentes de cancro e conseguir niveis dignos de calidade de vida para eles e os seus familiares.
  • Dotar de axuda a través de profesionais do área psicosocial á persoa con cancro e á súa familia de modo que adquiran competencias e habilidades para facer fronte á nova situación, manteñan os niveis de autonomía e integración social e poidan, en definitiva adaptarse do mellor xeito posible á enfermidade e ás súas consecuencias.
  • Dar a coñecer ás institucións e organismos públicos as necesidades e os problemas que afectan ao enfermo de cancro de mama e á súa familia, para que promuevan ou reforcen os recursos necesarios para atendelos e asistilos.
  • Procurar a difusión nos medios de comunicación desta problemática para poñer en coñecemento da opinión pública que o cancro é unha realidade que afecta á saúde na súa vertente física, psicolóxica e social. Mediante a sensibilización pretendemos fomentar a participación e solidariedade da poboación en xeral.

 

        Accións-actividades:

  • Servizo de acollida na sede social.

  • Programa de atención psicosocial a mulleres en tratamento e aos seus familiares; mulleres afectadas, non hospitalizadas e en remisión, e ás súas familias.

  • Información, orientación e asesoramento sobre prestacións e recursos existentes.

  • Grupo de apoio mútuo.

  • Programa de voluntariado en apoio emocional (formación e seguemento).

  • Terapia psicolóxica, individual ou familiar.

 

 

      3. Área actividades e prevención

 

  • Promover unha rehabilitación dirixida a potenciar a capacidade de adaptación a novas situacións persoais e a alcanzar unha boa calidade de vida.
  • Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das mulleres en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc.

  • Favorecer a solidariedade entre mulleres con tumor mamario ou en tratamento médico por este tipo de enfermidades.

         Accións-actividades:
 

  • Cursos de relaxación.
  • Cursos de prevención do linfedema.
  • Cursos de gimnasia, yoga, aerobic, pilates...
  • Cursos de afectividad e sexualidade.
  • Excursións e saídas lúdicas.

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012