Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Xornadas 2016

Actividades » Xornadas 2016

20-10-2016 23:25

Dende Adicam queremos convidarvos a todos as xornadas do 2016, contaremos con ponencias moi interesantes, sera unha boa oportunidade de aprender e pasar un bo momento con todos os asistentes.

Ademáis contamos con interpretes de lingua de signos; e o progrma das xornadas ten aval cientifico da SEOM( sociedad española de oncología médica) e recoñecemento de interese sanitario da Xunta de Galicia.

Agardamosvos!!

Un cordial saúdo da xunta directiva de Adicam.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012