Boletín de Noticias

VII Certame de Arte ADICAM, " Lingua Galega, Lingua Materna"

Certamen de Arte » VII Certame de Arte ADICAM, " Lingua Galega, Lingua Materna"

Xa esta convocado o VII Certame de Arte   ADICAM, co  título " Lingua  Galega,  Lingua Materna"

Este ano como novidade e tendo que en conta que levamos xa 4 meses con sede en Pontevedra tamén se poderán entregar  as obras e recoller as bases na nosa sede na Casa Azul de Pontevedra ( Rúa Sor   Lucia   nº 4) os mércores de 10 a 14 Horas .

Con respecto o Xurado este ano contamos como cada ano coa Decana da Universidade de Belas Artes  Silvia García (que acompaña á xunta directiva de  adicam  na fotografía ) como Presidenta do xurado, o Dr. José Luis  Bo Díaz  como secretario e na   Vocalia a Xunta directiva de  adicam  e a colaboradora Fina Graña

Ademais este ano contamos co artista do   morrazo Manuel   Pizcueta

Calquera cousa mais que precisedes non  dubidar en chamar.  

Cada artista  poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non  puideron ser premiadas noutros certames. A única limitación dos traballos, será  o seu formato, que no seu lado máis longo non  poderá superar os 80 cm.

As obras deben acompañarse dun sobre que o pseudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos  persoais.

Para máis información   bótalle un ollo as bases.


 

NomeTamañoData
icoTriptico VII Certamen Arte ADICAM-galego.pdf305.94 KB07-05-2018 16:49
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012