Boletín de Noticias

Nadal 2011

Hemeroteca » Actividades 2011 » Nadal 2011

Cangas a 17 de novembro de 2011
Querida/o socia/o:                                                                           
Desde ADICAM e por última vez este ano redactamos esta carta para facerte partícipe das últimas novas e actividades previstas con motivo das vindeiras festas.
En primeiro lugar, o domingo día 27 de novembro ás 18:00h no Auditorio Municipal de Cangas celebraremos unha “Gala Solidaria” que non te podes perder coas actuacións de Asociación de Baile Sabor,  Teatro de Cadaquén, Mago Berto, Grupo “Os do Costal” e Amigos de la Canción, ademais haberá premios sorpresa para soci@s e colaboradores.
Ademais, o sábado día 3 de decembro celebraremos, como xa ven sendo habitual a nosa Cea-Baile de nadal. Este ano será en Restaurante el Real “Casa Mariano” ás 22:00h e o precio por persona é de 27€, ademais da cea cúbrese así a actuación musical. O menú será o seguinte:
MENÚ.
-Empanada, Rollitos de hojaldre, Tortilla, Croquetas, Gambas a la gabardina.
-Rodaballo a la plancha con patatas al laurel.
-Ternera al horno con guarnición.
-Trata helada al Whisky.
-Cafés y licores. Vinos: Ribeiro, Condado y Mencía.
IMPORTANTE: Para anotarse á cea é indispensable confirmar asistencia antes do 29 de Novembro pasando pola asociación ou chamando por teléfono 986 30 71 58. Despois de anotarse haberá que efectuar o pago de dito menú na conta de ADICAM antes do evento.
Por outra parte, o xoves 22 de decembro celebraremos no noso local unha Festa de nadal a partir das 18:00h á que estás invitad@, coma todos os anos haberá turrón e doces navideños e brindaremos polo ano que remata e polo que está por vir. Se desexas colaborar traendo algún doce ou bebida será ben recibido.
E para rematar desde a Xunta Directiva de ADICAM queremos desexarche un bo nadal cunha poesía moi especial.
MAXIA DO NADAL
Caen do ceo polvos de estrelas,
iluminan o camiño que vai á terra,
por el baixa a maxia da vida en forma de estrela.
Estrela que das luz ós corazóns sen amor na terra,
agasállaos con esperanza nos fogares onde hai tristeza.
Caen do ceo polbos de estrela,caen nunha noite de lúa chea.
Feliz Nadal sen tristezas.
MARIA V
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com