Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

III CONVIVENCIA EN FEMININO

Actividades » III CONVIVENCIA EN FEMININO

16-05-2016 17:28

Os días 10, 11 e 12 de xuño terá lugar na Residencia de ocio e tempo libre de Panxón unha convivencia para socias de ADICAM e mulleres con enfermidades crónicas (diabetes, cancro, fibromialxia...). O evento contará con charlas, actividades e talleres dirixidos á saúde da muller, así como actividades de lecer.

Haberá autobús de ida e volta desde Cangas

Data límite de inscrición 3 de xuño (prazas limitadas)

Prezo: 55 euros por persona (2 noites, pensión completa).

NomeTamañoData
icoTriptico-programacion-2016.doc318.50 KB16-05-2016 17:32
icocartel 2016.pdf161.29 KB16-05-2016 17:32
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012