Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Boas festas e información das nosas próximas actividades

Actividades »  Boas festas e información das nosas próximas actividades

Cangas a 12 de novembro de 2012

Estimad@ soci@.

Desde ADICAM e despois  dun ano moi intenso queremos con esta última carta do 2012  desexarche  unhas boas festas e informarte das nosas próximas actividades.

Este sábado día 17 de novembro no Auditorio Municipal de Cangas ás 20:00h terá lugar a nosa “Gala Solidaria a favor de ADICAM”  Coa participación de Escola de danza Maite quiñones, Grupo de danza Pais de S. Roque, As Lagharteiras, Amigos de la canción e Codia e Miolo. Presentará a Gala Mighello Blanco. O prezo da entrada é de 4 euros.

A fin de semana do 7, 8 e 9 de  decembro celebrarase o “5º Festival Furtivo solidario con ADICAM” nunha carpa cuberta detrás do Concello de Cangas.O festival contará cun concertó acústico o venres 7 ás 22:30h  con entrada de balde, o sábado 8 ás 22:00h haberá un concerto no que tocarán Ludovania, Os tres trevóns, Terbutalina e Skarnivals  (entrada 5 euros) e por último, o domingo día 9 ás 12:00h haberá unha sesión vermut con Ce orquestra pantasma (entrada de balde).

Os días 11 e 18 de decembro levaremos a cabo un “Taller de Centros Navideños” de 17:00 a 19:00h que será impartido no noso local de Cangas.

A partir do mes de xaneiro comezaremos un “Taller de Memoria” os luns de 18:30 a 20:00h o prezo por persona é de 10 euros ao mes e plazas limitadas.

Seguimos coas actividades de Yoga, Pilates, Pandereta, Tai-Chi , Baile, Abalorios e Calceta e  Ganchillo e por suposto cos servizos de apoio psicolóxico e asesoramento dietético gratuitos para mulleres afectadas de cancro de mama. Para máis información 986307158.

Por último desde ADICAM queremos desesarvos a tod@s unhas festas tranquilas e cheas de saúde e invirtarvos a  un  pedaciño de turrón e a brindar con nós na Festa de nadal que celebraremos o venres día 21 de decembro a partir das 18:00h  no noso local de Cangas.

CAMIÑOS DA VIDA

Nadal de camiños cheos de desexos e  bos pensamentos

Pensamentos que voan en silencio, coma o voar das bolboretas.

Camiña Adicam por ese camiño con destino a vós,

Alá vai, co seu  fermoso envoltorio de cores mesturadas coma vida mesma

onde se agochan  apreciados  agasallos que flúen da amizade da esperanza e

da  vida,

            ADICAM  vos desexa un bo Nadal e un longo camiñar pola Vida!!!!

María Vidal                                    

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012