Boletín de Noticias

18 anos traballando xuntos

Actividades » 18 anos traballando xuntos

18-01-2019 13:18

“18 anos traballando xuntos” ese é o lema co que Adicam vai celebrar este luns o seu 18 aniversario .


Van xa 18 anos cando un dia 21 de xaneiro arrancou a andadura desta Asociación.
Fina Acuña Graña xunto con mulleres valentes e decididas tomaron a determinación de que elas ,moitas diagnosticadas de cancro de mama, podían axudar a outras persoas que estiveran pasando por un cancro ou no futuro foran a pasar polo mesmo diagnóstico .
Ademáis  tiñan unha cousa clara: o que tiñan na súa cabeza non era un traballo individual era un traballo colectivo un traballo de unha comunidade,  de un pobo para un pobo .
Sentímonos moi orgullosas de continuar mantendo todos eses valores e metas  na actual Adicam .Despois de 18 anos de andadura debemos dar as grazas con maiúsculas a toda a xente que dende o nacemento da Asociación ata hoxe pertenceron ou colaboraron con nos, xa fóra de forma  pequeniña ou enorme .
Adicam créase e crece grazas o esforzo de todos e Fina estaría fachendosa de mirarvos a todos .


E por todo isto invitámosvos a todos este  luns 21 as 18 h a brindar por moitos anos mais .


Felicidades a todos por estes 18 anos traballando xuntos !!!!

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com